Sunday 28 de April de 2024

Clausura do xuño da Cultura e as Artes


A sexta edición do Xuño da Cultura e as Artes chegou a súa fin e o Auditorio Municipal de Riveira acolleu este mediodía o acto de clausura do programa.

O alcalde Manuel Ruiz, a concelleira de Cultura Herminia Pouso e numerosos representantes das 58 asociacións 17 servizos municipais que organizaron dende o día 1 un cento de eventos.

Ademais da entrega de diplomas e obsequios, o acto acolleu a actuación musical das cantareiras Aires da Barbanza da Asociación de Amas de Casa de Riveira.